Rois clausura o programa “Móvete no verán” no que participaron 40 alumnas en actividades de zumba e pilates

26 Agosto 2025

O Concello de Rois pechará esta última semana de agosto o programa Móvete no verán, unha iniciativa que durante os meses de xullo e agosto encheu de exercicio, saúde e bo ambiente as parroquias de Rois e Urdilde.

Máis de 40 alumnas participaron nas sesións de zumba e pilates, dúas disciplinas que combinaron actividade física e momentos de convivencia. Durante as semanas que durou a programación, as participantes tiveron a oportunidade de manterse en forma, mellorar hábitos de vida saudábel e compartir experiencias nun ambiente distendido e divertido.

Desde o Concello destacan o éxito da iniciativa e agradecen a implicación e entusiasmo das participantes. Ademais, lembran que estas propostas enmárcanse na aposta municipal por promover o deporte e o benestar durante todo o ano, con programas adaptados a diferentes idades e colectivos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.