Ribeira contará con dous novos desfibriladores

13 Agosto 2025

O rexedor de Ribeira, Luís Pérez Barral, xunto c concelleiro de Sanidade, Luis Furones, compareceron este 13 de agosto para presentar os dous novos desfibriladores adquiridos para o Concello.

Furones celebrou a boa nova desta adquisición, e anunciou que “hai dous máis en camiño, e estes dous primeiros serán destinados para a Policía Local in itinere e outro para o Mercado Municipal”. O concelleiro salientou que con esta compra “mellorarase de xeito considerábel na prevención do risco cardíaco da veciñanza de Ribeira”. Furones explicou que na compra dos desfibriladores vai incluído o mantemento do mesmo, “que ata do agora non se viña facendo nas anteriores adquisicións”.

O concelleiro informou que se están procurando xornadas formativas de manexo deste tipo de dispositivos, “porque estes aparellos igual que son capaces de salvar vidas tamén son capaces de quitalas polo risco eléctrico que podan ter”.

Pérez Barral manifestou que grazas a estas compras, “Ribeira vai ter máis de 20 equipos tanto públicos como privados para salvagardar a saúde da poboación en caso de infarto”. O alcalde recordou a actuación da Policía Local cun veciño, “ao que lle conseguiron salvar a vida grazas ao desfibrilador e á boa actuación por parte dos axentes da Policía Local realizada nos Xulgados de Ribeira”.

O rexedor xunto ao concelleiro mostráronse decididos a seguir avanzando nesta protección para que “calquera persoa que teña un risco de infarto poida estar a salvagarda”. O alcalde informou que “hai desfibriladores no Concello, na Policía Local, na Fieiteira, hai 5 no Grupo Municipal de Emerxencias –3 nas praias de maior afluencia máis dous nos seus vehículos de emerxencia–, no Xulgado, no Parque de Bombeiros, no Porto, no CEIP de Frións, no CEIP Heroínas de Sálvora, no IES Leliadoura, na Escola Náutico-Pesqueira e tamén en instalacións privadas que sumarían un total de máis de 20 desfibriladores para cardio-protexer á poboación”.

Barral fixo referencia ás xornadas de formación que se están a levar a cabo grazas á colaboración da Concellería de Sanidade xunto coa PAC, “para ensinar á poboación en tarefas de reanimación cardiopulmonar”.

Para rematar o concelleiro de Sanidade insistiu na importancia, no caso de atopar unha parada ou un infarto, “de “avisar antes de nada aos servizos sanitarios como primeira premisa e o desfibrilador iría despois sempre baixo a dirección ou supervisión dos propios servizos de emerxencia”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.