Os bombeiros e os equipos de emerxencias do Barbanza únense á loita contra os lumes en Ourense

19 Agosto 2025

Un equipo de bombeiros do Barbanza e da contorna de Muros-Noia, pertencentes ao Consorcio Provincial Antiinciendios e de Emerxencias, está a traballar estes días na provincia de Ourense con outros compañeiros de toda Galicia e España para tentar sufocar a vaga de lumes forestais que asola o interior da nosa comunidade, avivada polas altas temperaturas, a falta de choivas e o abandono do monte e do rural. Este luns 18 de agosto saíron tres bombeiros do Parque de Boiro en dirección Ourense para colaborar na catástrofe dos incendios. Pola tarde saíron 2 bombeiros do Parque de Ribeira. Co equipo do Barbanza desprazáronse tamén efectivos dos parques de Betanzos, Ordes e Arteixo. Boa parte do seu traballo, tal e como ven de compartir nas redes o destacamento de Boiro, centrouse en defender das lapas a aldea de Oulego, en Rubía (Valdeorras).

Ademais dos parques do Consorcio, tamén colaboran nesta fronte colectiva contra o lume as e os integrantes do servizo de Protección Civil do Concello de Muros, que o sábado desprazou a Ourense unha motobomba e tres efectivos, e o domingo foi a quenda do G2 do GES de Muros. A intervención realízase a petición da Dirección Xeral de Emerxencias, dentro do dispositivo de apoio entre administracións para facer fronte a esta situación de emerxencia. O equipo muradán, dotado cos seus correspondentes EPIs e co vehículo motobomba, uniuse así aos esforzos do conxunto de servizos de emerxencias despregados no territorio, co “obxectivo de contribuír á protección das persoas, das vivendas e do patrimonio natural”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.