O novo Goberno de Noia aposta pola recuperación dos servizos públicos, a racionalización do gasto e a transparencia

12 Agosto 2025

O PSdG e A Marea de Noia compartiron os seus obxectivos e as súas liñas de goberno logo de que tivera prosperado, este 11 de agosto, a moción de censura contra o executivo do PP e de N.O.I.A. A folla de ruta do novo equipo do Concello ten como finalidade “garantir un cambio real e efectivo na xestión do Concello de Noia, baseado na transparencia, na xustiza social e no fortalecemento dos servizos públicos”, adiantaron, ao tempo que recoñeceron “a situación económica e institucional crítica que atravesa o Concello de Noia”.

Francisco Pérez Caamaño (PSdG), novo alcalde de Noia

A nova etapa política, sinalan, demanda especial atención nos seguintes tres aspectos: recuperación dos servizos públicos, racionalización do gasto e unha contratación transparente e eficiente. Como primeira medida, o novo executivo solicitará mediante providencia de alcaldía un estudo actualizado da situación económica e financeira do Concello para establecer as prioridades da xestión.

O novo goberno comprométese a actuar baixo os seguintes principios:

-Transparencia e bo goberno.

-Participación cidadá e cooperación co tecido asociativo.

-Defensa dos servizos públicos e benestar social.

-Racionalización do gasto e eficiencia administrativa.

-Desenvolvemento económico sustentábel.

-Cohesión territorial

-Igualdade real e efectiva, cun claro compromiso co feminismo avogando polas políticas que abordan as desigualdades de xénero e promoven a xustiza social.

O novo executivo terá a seguinte composición:

PSdG de Noia: Alcaldía; Urbanismo; Relacións Institucionais; Promoción Económica (turismo, emprego e industria); Persoal; Seguridade Cidadá; Casco Histórico; Servizos Sociais, Benestar e Saúde; Deportes; Servizos Municipais (emerxencias, parques, xardíns, limpeza, medio ambiente, auga e saneamento); Eventos; e Mocidade, Educación, Conciliación e Novas Tecnoloxías.

Marea Cidadá de Noia: 1ª tenencia de Alcaldía, Facenda, Mar, Vivenda, Réxime Interno, Festexos, Servizo de Obras, Igualdade, Participación Cidadá, Cultura e Normalización Lingüística.

Obxectivos estratéxicos

Racionalización do gasto

Planificación das obras municipais, dando prioridade a aquelas que teñan que ver co saneamento e a subministración da auga.

-Xestión eficiente das obras municipais.

-Plan de rozas e posta en marcha dunha brigada parroquial.

-Licitación no primeiro ano do Servizo de Axuda no Fogar e posterior municipalización.

Transparencia, participación e bo goberno

-Mellora na transparencia das contas.

-Organización de xuntanzas nas parroquias.

-Creación de ferramentas de participación cidadá.

-Coordinación educativa coas ANPAS.

-Mellora na xestión das subvencións deportivas.

-Liberación do aparcadoiro da rúa Xuíz Falcone e reorganización das zonas de aparcamento.

-Axilizar axudas para material escolar, transporte e comedor.

-Reforzo do persoal municipal e mellora da xestión da Policía Local.

Dinamización económica

Consolidar unha oferta turística estábel e desestacionalizada con roteiros, visitas guiadas e promoción das parroquias.

-Creación da mesa sectorial do mar co fin de abordar os problemas da pesca e o marisqueo co sector.

-Posta en funcionamento dunha Axencia de Desenvolvemento Local real para fomentar o emprendemento e dar soporte ao tecido empresarial.

-Axilización do desenvolvemento industrial con habilitación de solo para empresas.

-Dinamización da hostalaría e recuperación da Praza de Abastos.

-Sacar a concesión a xestión do Albergue da Chaínza.

Máis servizos, máis cultura

-Apertura da Biblioteca Municipal nun horario máis amplo.

-Ampliación dos espazos deportivos.

-Garantir a conciliación familiar durante todo ano.

-Reclamación da construción dunha Escola Infantil Galiña Azul en Noia.

-Sentar as bases para a construción dun Centro de Día municipal.

-Establecer dunha axenda cultural anual, orientada a todos os públicos.

-Desenvolvemento de actividades enfocadas á promoción da igualdade, á loita contra a violencia machista e á defensa dos dereitos LGTBIQ+.

-Apertura do Museo do Mar ao público.

-Reclamar a creación dun Museo das Laudas.

-Recuperación da Feira do Libro.

-Posta en marcha do Servizo de Normalización Lingüística.

Reorganización do espazo e coidado do medio

-Creación dun aparcadoiro de autocaravanas.

-Revisión do Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais e monitoraxe do cumprimento das obrigas nas faixas de xestión de biomasa.

-Reclamar a construción de vivenda pública en Noia e estudo da participación en programas de rehabilitación no casco histórico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.