O Grove homenaxea a Luís Rei cun memorial cheo de cultura e memoria

09 Agosto 2025

Do 11 ao 15 de agosto de 2025, O Grove acollerá o Memorial Luís Rei, unha programación de actividades culturais e de lembranza dedicadas á figura de Xosé Luís Rei Núñez (1960–2015), mestre, activista social e político, e destacado estudoso da historia e cultura mariñeira.

Organizado polo Grupo Etnográfico Mascato, o evento contará coa colaboración da Asociación Dorna Meca, Culturgal, Galería Besada, Asoc. Os Amigos do Queimado e o BNG do Grove.

Inicio do memorial – Luns 11 de agosto

A homenaxe arrincará ás 19:00 horas no Cemiterio do Grove, onde familiares, amizades e camaradas depositarán flores e lerán poemas na súa memoria.
Ás 20:30 horas, a Galería Besada acollerá o acto Luís Rei e a Cultura Marítima, no que se presentará a revista Nova Ardentía. Intervirán Iria Fernández, Manolo Parada, Francisco Fernández Rei, Emilio Ínsua, Sole Rei, Rosa M. Fernández Otero e Antón Mascato, entre outros.

Peche do memorial – Venres 15 de agosto

As actividades finais celebraranse en Moreiras, Reboredo (O Grove).

  • 10:00 h – Arribada de embarcacións tradicionais, organizada pola Asoc. Dorna Meca e Culturmar.
  • 12:00 h – Presentación do libro A palabra sempre en alto. Traballos inéditos e dispersos, de Luís Rei, con intervencións de Javier Rey Núñez, Sabela Rei, Rebo, Isabel González Aviñó, Emilio Ínsua, Francisco Fernández Rei e Antón Mascato.
  • 12:45 h – Coloquio aberto para compartir lembranzas e anécdotas sobre Luís Rei.
  • 14:00 h – Concerto de música tradicional como peche das actividades.

O memorial quere pór en valor a traxectoria dun home implicado na defensa do patrimonio cultural, na investigación histórica e no compromiso social, deixando un legado que segue a inspirar o Grove e a súa contorna.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.