
A agrupación Óscar Ibáñez & Tribo vai estar este xoves en Porto do Son para achegar un concerto a residentes e visitantes. Será ás 21.30 horas na praza de España, con entrada gratuíta.
Óscar Ibáñez é un músico galego de Portosanto (Poio), virtuoso da gaita e da frauta, referente da fusión da música tradicional galega con novos estilos como a música latina ou o jazz.
En 2004 fundou a banda de directo Óscar Ibáñez & Tribo, formada por Fernando Fraga (acordeón), Harry Price (violín), Carlos Calviño (guitarras), Paco Dicenta (baixo), e Andrés Vilán (percusións e batería), e levou a súa música por toda a península, Bretaña e Italia.
En 2023 presentaron o espectáculo Da Terra cunha renovada Tribo constituída por Suso Iglesias (acordeón), Paula Gómez (violín), Xosé Liz (bouzouki), Paco Dicenta (baixo) e Carlos Castro (batería). Ademais da xilofonista e percusionista Carla Villanueva e cinco gaiteiros da Banda de Gaitas Suevia de Porto do Son.[
En 2024 celebraron o XX aniversario do grupo co espectáculo Tribal XX.


