O Concello de Padrón oferta máis de quince modalidades deportivas para todas as idades no curso 2025/2026

29 Agosto 2025

O Concello de Padrón anuncia a posta en marcha da súa programación anual de Escolas Deportivas Municipais e Actividades Físico-Deportivas, que se desenvolverá entre o 29 de setembro de 2025 e o 17 de xuño de 2026. A iniciativa, coordinada pola Concellaría de Deportes, pretende ofrecer á veciñanza unha ampla variedade de disciplinas deportivas adaptadas a todas as idades, desde a nenez ata a idade adulta.

O Concello explicou que a proposta recolle unha oferta específica para nenos e mozos, organizada en Escolas Deportivas Municipais, nas que se inclúen modalidades como atletismo, baloncesto, fútbol sala, hockey, patinaxe artístico, tenis, voleibol, ximnasia rítmica, xadrez e judo, ademais dun programa de motricidade para os máis pequenos. As actividades desenvolveranse en grupos por idades, en instalacións como o Pavillón do Souto e o Pavillón do Grupo Escolar.

No apartado das Actividades Físico-Deportivas para maiores de 14 anos, a programación abrangue propostas variadas que van desde o cardiofit, o fit bike ou gap/cardio ou o tonificación, ata disciplinas orientadas á saúde e ao benestar como ioga, pilates, hipopresivos ou escolas de lombo. Tamén se ofertan clases de ximnasia de mantemento, tenis en horario de noite e xogos populares como a chave (neste último caso de balde). Estas actividades impartiranse en diferentes espazos municipais, entre eles o Pavillón do Souto, o Auditorio Municipal e o Centro Sociocultural de Carcacía.

As cotas de participación varían segundo os grupos de idade:

40 euros de matrícula por tempada máis 5 euros por actividade para escolares de 3 a 17 anos.

50 euros de matrícula máis 7 euros por actividade para mozos de 18 a 25 anos.

60 euros de matrícula máis 10 euros por actividade para adultos a partir de 26 anos.

Modalidade familiar cun prezo de 120 euros de matrícula por tempada e tarifas reducidas de 5, 7 ou 10 euros por actividade.

Ademais, as familias numerosas poderán beneficiarse dunha redución do 10% nas cotas.

O prazo de matrícula abrirase o 10 de setembro para persoas empadroadas no municipio e o 17 de setembro para o público en xeral. As inscricións poderán realizarse na Oficina de Deportes, situada no Centro Social do Concello de Padrón (Campo do Souto nº 2), ou a través dos teléfonos 664 076 974 e 981 811 329, así como nos correos electrónicos deportespadron@yahoo.es e deportes@padron.gal

Diseño sin título – 1

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.