O Concello de Boiro licita as obras para o acondicionamento do entorno do lavadoiro de Comoxo

29 Agosto 2025

O Concello de Boiro saca a licitación as obras para o acondicionamento do entorno do lavadoiro de Comoxo, unha actuación dun importe de 323.194,90 euros. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo a través da Plataforma de Contratos do Sector Público.

As actuacións que se prevén son a demolición do galpón e dos muros existentes así como un desmonte do terreo para a formación de explanación e muros de contención; a execución do novo lavadoiro e fonte; a instalación de fontanería, saneamento, pluviais e alumeado e a pavimentación de toda a contorna do lavadoiro e parque infantil.

A actuación completarase coa recolocación dos contedores, a plantación de novas árbores e instalación de mobiliario urbano como bancos, papeleiras, postes de protección (bolardos), farois ou varandas para a humanización do espazo e lograr unha zona de ocio para a veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.