O Concello de Boiro clausura o Campamento Concilia Verán 2025 cunha gran festa para a rapazada

29 Agosto 2025

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, participaron este venres 29 de agosto na clausura do Campamento Concilia Verán 2025 que leva a cabo o Concello. Participaron nesta edición un total de 220 rapaces e rapazas nos meses de xullo e agosto.

O campamento consta de catro sedes repartidas en distintas parroquias e está destinado a rapazada de entre 3 e 12 anos e ten como finalidade favorecer a conciliación familiar durante a época estival. Na festa de despedida do campamento a rapazada asistente puido desfrutar dunha xornada con inchables, obradoiros de traballos manuais e xogos.

Durante os meses do verán realizaron actividades baseadas en técnicas de intervención participativas e activas coas que se fomenta a creatividade e os valores de respecto e solidariedade con enfoques non sexistas, con actividades planificadas segundo as idades e necesidades socioeducativas.

“Este campamento que organiza o Concello de Boiro non é so unha actividade para os nenos e nenas senón que é un recurso de conciliación que, por parte da administración, poñemos a disposición das familias durante a época estival”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.