A comunidade continúa baixo a influencia das altas presións, que están a manter a estabilidade atmosférica e a entrada de aire cálido en superficie.
Nas Rías Baixas, o día estará dominado polo sol, con temperaturas elevadas, así as máximas situaranse arredor dos 34-37 ºC . Os ventos soprarán moderados do nordés, con refachos fortes no litoral entre Bares e Fisterra.
En Santiago, tamén se agardan ceos pouco nubrados, cunha mañá algo fresca e temperaturas que irán en ascenso ao longo do día. As máximas roldarán os 33 ºC, e o vento do nordés manterase moderado, axudando a suavizar a calor.

O noso mar; Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do norte, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.


