Martes 26, a fronte asociada ao ex-furacán Erin deixa máis nubes nas Rías Baixas e en Santiago

25 Agosto 2025

Galicia quedará este martes 26, festividade de San Ceferino, baixo a influencia dunha fronte pouco activa ligada ao ex-furacán Erin, situado ao oeste das Illas Británicas. O fenómeno deixará ceos moi nubrados especialmente na metade occidental da comunidade.

Nas Rías Baixas, agárdanse precipitacións febles durante parte da xornada, acompañadas de ceos cubertos. Co avance do día, as nubes irán retirándose pola franxa atlántica, permitindo a apertura dalgúns claros.

En Santiago de Compostela, as nubes chegarán progresivamente dende o oeste, deixando tamén chuvascos ocasionais, máis probables a primeiras horas, e unha melloría cara á tarde.

As temperaturas descenderán de maneira lixeira a moderada, mentres que os ventos, de norte-noroeste, soprarán en xeral frouxos, con intervalos moderados nas zonas costeiras. Nas rias as máximas quedarán sobre os 26 graos e en Santiago sobre os 23 graos.

O mércores 27 haberá ceos máis nubrados na metade oeste, co paso das horas irase achegando a fronte deixando precipitacións, máis intensas na franxa atlántica, localmente treboentas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá e á tarde e 3.5 a 4 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.