Martes 19, descenso das temperaturas con risco de orballos no interior e nubes e claros na costa

18 Agosto 2025

A xornada deste martes 19, Santa Elena, comezará con ceos máis cubertos no norte, onde non se descarta algún orballo illado. Co avance do día, espérase unha mellora xeralizada, con apertura de claros, aínda que poderán rexistrarse chuvascos febles e dispersos no interior da metade norte.

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso tanto nas máximas(23-24 graos) como nas mínimas. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos moderados no sur de Galicia.

Rías Baixas
Na mañá agárdanse ceos con nubes e claros. Pola tarde a tendencia será a apertura de claros, con ambiente máis luminoso. As temperaturas baixarán lixeiramente, pero seguirán suaves para a época. Vento frouxo do norte, con intervalos moderados nas zonas máis expostas.

Santiago e contorna
A mañá amencerá con ceos parcialmente nubrados, sen descartar algún orballo moi feble. Pola tarde abriranse claros, aínda que podería caer algún chuvasco feble e illado. As temperaturas descenderán lixeiramente. O vento será frouxo de compoñente norte.

O mércores agárdase unha xornada de ceos nubrados, con máis nubes canto máis ao norte onde non se descarta algunha chuvia feble.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.