“Gumersindo soñaba”. Luís Celeiro

28 Agosto 2025

Gumersindo soñaba. Estaba na cama e ao espertar decatouse de que os seus soños eran realidad
ardera o palleiro, o carro, o tractor, a herba das vacas, as vacas e as ovellas. Ardera a memoria, os
contos que escoitara, o canizo da lareira e unha boa parte do arado co que el e a súa burra, Florinda,
araban as patacas, a horta enteira de Este a Oeste, co primeiro rego no Norte daquela terra sombría.
Quen prende o lume? Obviamente hai miles de razóns para apagalo e non se coñece ningunha para
acendelo. E, a quen favorecen os incendios? A quen favorece a miseria e a inxustiza? E a sen razón
dos gobernantes que mandan, ordenan, falan e non gobernan?. As motivacións cálanas e, se é o
caso, néganas.
Cómpre dicirlles aos da poltrona que baixen e miren, aínda que se luxen na lamorqueira que
producen e no bulleiro que estenden. Hai que dicirlles que dean explicacións, que teñan conducta
adecuada, control da situación, acción e resolución.
Gumersindo soñaba cun goberno que gobernara con equidade e que prestara atencións a todos,
especialmente a quen máis as precisaba. Ao pouco de espertar, nada de nada. Os dunha esquina
acusaban aos da outra, dábanse bastas labazadas dialécticas e facían do insulto a súa arma de guerra
e de loita contra os lumes. Mentres tanto o pobo, outra vez sen descanso e sen vacacións, con
vasoiras de xesta e forcadas, apaga as labaradas que lle queiman o leito, a alma e o suspiro. Eran
vasoiras de xestas recollidas minutos antes de arder.
Aí vén o inferno arrasando os montes, a vexetación, o patrimonio e a vida no rural de Galicia. En
pouco, quedaremos sen nada. Galicia quedará soterrada nas súas propias cinzas e ninguén será quen
de recordar nada. Parece como se alguén preparase unha estratexia para desenvolver eficazmente a
desfeita, a destrución do pouco que queda, do que fomos e do que tivemos.
Desfíxose o rural, abandonáronse as aldeas, derrubáronse as escolas, fóronse os mestres, os
agricultores, os paisanos, os netos e os avós. Todos, todos se foron forzosamente. E, aínda que
queiran, non os deixarán volver. Esas empresas que “loitan” contra os incendios forestais, que viven
e que se enriquecen da desgracia, deixarán ao territorio arruinado e coas cinzas do monte
encubrirán calquera outro ulido.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.