Freire defende a súa xestión á fronte do Concello de Noia

14 Agosto 2025

O voceiro do Partido Popular de Noia, Santiago Freire, defendeu este xoves 14 de asosto o traballo realizado polo seu equipo durante o seu mandato á fronte do Goberno municipal e asegurou que o Concello “está neste intre nunha situación económica moito mellor que a herdada no ano 2016”. O alcalde saínte saíu deste xeito ao paso dos argumentos presentados polos grupos políticos asinantes da moción de censura, que xustificaron a súa postura argumentando “a suposta mala situación económica” que atravesa o Concello pola falta de xestión do anterior equipo de goberno. “O único motivo da moción de censura é a traizón dunha persoa á que o PP lle outorgou a súa confianza. O resto é papel mollado para tratar de xustificar o inxustificábel”, apuntou Freire.

O popular botou man dos datos económicos oficiais do propio Concello de Noia que, segundo lembrou, “deixan patente que a actual situación das arcas municipais desmonta os argumentos de PSOE, BNG e Marea Cidadá”.

“O que teñen que saber os veciños é que deixamos o Concello de Noia cun remanente de tesourería de 4.491.203 euros e que hai case 1,5 millóns de remanente para gastos xerais”, dixo Freire, quen asegurou que esta situación en “non ten nada que ver coa que herdamos en 2016”.

Diminución do período medio de pago e da débeda a provedores

Naquel momento, explicou Freire, o seu goberno tivo que deseñar un plan económico que permitise reducir, entre outras cousas, o prazo medio de pago a provedores que, por entón, situábase, segundo datos do Ministerio de Facenda, en máis de 110 días de media.

“Dato mata relato. Os números non son opinábeis e esa era a realidade no ano 2016, mentres que agora, no segundo trimestre do 2025, a media de espera é de 10 días”, asegurou, engadindo que “a débeda acumulada polo Concello de Noia cos seus diferentes provedores que pasou dos 2,5 millóns de euros do 2016 aos pouco máis de 228.000 euros actuais”.

“Poden inventar moitas cousas e poden botarnos en cara que non acertamos en todo ou que non fomos quen de sacar adiante todos os proxectos que nos tivesen gustado, pero a botar man da situación económica non se sostén”, defendeu o popular.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...