Evacuada de urxencia unha pasaxeira do cruceiro Disney Fantasy fronte a Porto do Son

08 Agosto 2025

Unha pasaxeira do cruceiro Disney Fantasy tivo que ser evacuada de urxencia este xoves cando a embarcación se atopaba a unhas 25 millas náuticas fronte ao municipio coruñés de Porto do Son.

O operativo de evacuación foi coordinado polos servizos de salvamento marítimo, que desprazaron medios ata o punto no que navegaba o buque para trasladar á muller a terra firme e que puidese recibir atención médica.  A evacuación médica realizouse polo helicóptero Helimer 402.

O Disney Fantasy, pertencente á navieira Disney Cruise Line, realizaba a súa travesía cando se produciu a emerxencia sanitaria, que obrigou a activar o protocolo de asistencia rápida. Non transcenderon polo momento máis detalles sobre o estado de saúde da pasaxeira nin sobre a súa identidade.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.