Este venres 8 de agosto, as 12 h., terá lugar a inauguración da Feira Pop Up de Noia, na Alameda da vila noiesa. Contarase co presenza do concelleiro de Comercio, José Pérez, da presidenta de Noia histórica, Alba Expósito, e do alcalde de Noia, Santiago Freire.
Na presentación haberá unha exhibición de baile a cargo das rapazas do campamento de verán do Liceo de Noia. Un total de 13 empresas de moda e téxtil están presentes este ano nas haimas do recinto da Alameda de 10:30 a 14:30 e de 18 a 22 h.
No capítulo de actividades paralelas, o sábado 9 de agosto, ás 20:30 horas, e o domingo 10 as 12 horas, organizarase unha degustación de produto e demostración in situ de elaboración de sidra a cargo da empresa Val do Traba. Ademais, o sábado de 20 a 22 h. un DJ amenizará a feira e, pola noite ás 22.00 horas, celebrarase un sorteo en directo de 3 premios de 50 € para trocar no propio recinto de feira.




