Segue este martes 2 o San Ramón de Bealo

30 Agosto 2025

Bealo celebra as súas festas de San Ramón coa tradicional romaría con máis de 260 anos de historia.

O programa das festas continúa o martes con Trébol e JB Son e o mércores broche final con París de Noia e Unión y Fuerza. Como é habitual o programa de actividades de San Ramón remata o domingo 7 de setembro co San Ramonciño pequeno onde haberá polbo e viño a prezos populares, música tradicional e actividades para nenos e nenas.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, agradeceu “o gran traballo que leva a cabo a comisión de festas para continuar con estes festexos que teñen máis de 260 anos de historia e son uns dos máis importantes do noso concello xa que despertan un gran sentimento en toda a veciñanza”.

Martes 2 de setembro

12.00h – Misa cantada 

Verbena con Trébol e JB Son 

Mércores 3 setembro

12.00h – Misa cantada 

Verbena con Paris de Noia e Unión y Fuerza 

Domingo 7 setembro

12.00h – Misa cantada 

Grupo de gaitas 

Polbo a prezos populares

16.00h – Actividades para nenos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.