En Padrón, o Concello achega en setembro tres cursos para impulsar a dixitalización do tecido emprendedor

06 Agosto 2025

O Concello de Padrón quere avanzar na súa aposta polo tecido emprendedor local, achegando para o remate do verán formación específica para incrementar a súa competitividade, a súa visibilidade e a súa produtividade. Seguindo este fío, a Aula CeMIT de Padrón achega en setembro tres cursos totalmente de balde concibidos para mellorar as competencias dixitais das persoas emprendedoras e dos profesionais en xeral do termo municipal.

Os cursos poñen o foco nas posibilidades da fotografía dixital, na transformación tecnolóxica dos negocios e no potencial da nova mercadotecnia (marketing).

-Fotografía para estratexias dixitais e negocio.

Do 8 ao 12 de setembro

20:00 a 22:00 h

-Dixitaliza o teu negocio: estratexias para destacar.

Do 15 ao 18 de setembro.

19:00 a 21:00 h

-Fai medrar a túa marca con marketing dixital.

Do 22 ao 25 de setembro.

19:00 a 21:00 h

Os cursos contan con titorías personalizadas de fotografía de unha hora de duración.

Do 29 de setembro ao 3 de outubro.

20:00 a 22:00 h

O prazo de inscrición estará aberto até o 3 de setembro.

Máis información e inscricións na Aula CeMIT de Padrón, á que podemos contactar a través do teléfono 675 748 812 (en horario de mañá), da conta correo@padron.gal ou escaneando o QR do cartel. Os cursos están abertos a todas as persoas emprendedoras, autónomas, comerciantes e público xeral interesado.

Outros artigos

Convocado o II Concurso de tapas Rois nun bocado

Tapas na Taberna Angueira O Concello de Rois organiza a segunda edición do Concurso de Tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, promocionar os produtos do municipio e dinamizar a súa vida social....

+

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.