En Noia o Concello instala un sistema de aerotermia no Pavillón Agustín Mourís

05 Agosto 2025

Co remate de xullo completouse en Noia a instalación dun sistema enerxético de aerotermia no Pavillón Agustín Mourís. O obxectivo desta actuación foi, en palabras do Concello, mellorar o sistema de subministración de auga quente, aumentar a capacidade de almacenamento e reducir o consumo enerxético. “E todo isto”, comentou o alcalde Santiago Freire, “cun claro obxectivo: gañar en eficiencia e sustentabilidade”.

O investimento supera os 55.000 €.

“Trátase dunha aposta decidida por modernizar as instalacións deportivas de Noia e coidar do noso medio ambiente”, sinalou o rexedor.

Os sistemas de aerotermia funcionan do seguinte xeito: extraendo calor do aire exterior para climatizar o interior do recinto, reducindo o consumo, as emisións de dióxido de carbono (CO2) e permitindo un aforro de até o 60% de custes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.