Domingo 3, sol e suba da temperatura

02 Agosto 2025

Galicia manterase este domingo baixo a influencia anticiclónica, coa entrada dunha masa de aire moi cálido procedente do sur, que seguirá impulsando as temperaturas á alza, especialmente na metade sur da comunidade.

Durante a xornada agárdase ceos moi despexados, con algún intervalo de nubes altas pola tarde.

As temperaturas subirán lixeiramente, rexistrándose valores por riba dos 35ºC en amplas zonas da metade sur, agravando o episodio de calor xa iniciado no sur de Pontevedra.

En canto ao vento, soprará do nordés con intensidade moderada, chegando a ser forte entre Bares e Fisterra, mentres que na provincia de Ourense predominarán os ventos frouxos de compoñente sur.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 3 a 5 á mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do norte, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.