
Esta fin de semana, do 9 ao 10 de agosto, celebrarase finalmente a XXXI Feira do Polbo de Porto do Son, unha das grandes exaltacións gastronómicas da tempada en toda Galicia. Damos conta do programa achegado polo Concello:
9 de agosto
23K – Andaina do Polbo. Saída do bus a Boiro ás 8:00h dende a Fachada Marítima de Porto do Son. Máis información no 981 76 75 89
Trécola. Alborada pola vila de Porto do Son
Asociación de Redeiras de Porto do Son. Mostra na carpa situada na Fachada Marítima de Porto do Son
A Banda da Balbina. A partir das 13:30 h actuará na Fachada Marítima de Porto do Son
Degustación do Polbo. Na carpa da feira, degustación do delicioso cefalópodo na Pulpeira Veloso.
Paco de Leña. Actuación na Fachada Marítima de Porto do Son, a partir das 20:00 horas.
Flow del Norte. Actuación na Fachada Marítima de Porto do Son, a partir das 21:30 horas.
Abdon Musik Corrubedo. Actuará na Fachada Marítima de Porto do Son, a partir das 22:30 horas.
Festa do Reguetón Antigo. Festexo na Fachada Marítima de Porto do Son, a partir das 00:00 horas.
10 de agosto
Grupo Tradicional Arume. Na Alborada pola vila de Porto do Son.
Degustación do Polbo. Na carpa da feira, degustación do delicioso cefalópodo na Pulpeira Veloso.



