Ambar remata o seu programa de lecer, cultura e deportes inclusivos grazas ao financiamento do IRPF xestionado dende COGAMI

28 Agosto 2025

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional, entidade inclusiva do Barbanza, vén de facer balance do seu programa de lecer,
cultura e deportes inclusivos, que rematou estes días. Este proxecto é posible co co-financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0.7% do IRPF xestionado dende a confederación galega COGAMI. O obxectivo foi promover da inclusión social das persoas con diversidade funcional a través de actividades deportivas e de ocio, creando ademais oportunidades de convivencia con outras persoas e axentes da comunidade.

O proxecto xurdiu da necesidade de afondar na inclusión dende a perspectiva da cohesión social entre diferentes axentes, fomentando a autonomía das persoas no seu entorno próximo e evitando que se institucionalice a persoas con diversidade en actividades illadas. Por esa razón, o proxecto xira a través da participación tanto de mozas e mozos, como de outros membros da comunidade fomentando así as relacións sociais e o apoio mutuo.

Ambar conseguiu, a través deste programa, beneficiar a 23 persoas, e tamén promocionar a inclusión das persoas con diversidade funcional a través de actividades deportivas, de ocio e inclusión social, polo que aumentaron a súa autonomía e oportunidades de interacción social. Leváronse a cabo
distintas actividades actividades de vela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.