“A verdade sucia detrás do plástico reciclable”. José Luis Calo

15 Agosto 2025

“A natureza nunca nos engana; somos sempre nós os que nos enganamos.”
Esta reflexión de Jean-Jacques Rousseau semella escrita para describir a
nosa realidade actual. Rodeados de campañas verdes, colectores amarelos e
promesas de sustentabilidade, convencémonos de que estamos a solucionar o
problema do plástico. Pero a verdade é outra: o reciclaxe, tal e como se
practica hoxe en día, é máis un espellismo ca unha solución real.
Vivimos rodeados de plástico. Está nos envases dos alimentos, na roupa que vestimos, nos
ríos, nos campos… e mesmo nos nosos corpos. A crise da contaminación por plásticos non
é nova, pero si o é o grao de cinismo co que se xestiona. Porque hoxe, máis ca nunca, o
reciclaxe converteuse nun negocio encuberto. Un negocio rendible para uns poucos, e moi
caro —en termos ambientais e sociais— para o conxunto da sociedade. Durante anos
fixéronnos crer que reciclar era tan sinxelo como depositar un envase no colector amarelo.
Repítennos que o problema do plástico se resolve cun pequeno xesto individual. Pero o que
non se di é que a maioría deses residuos nunca se reciclan. Moitos rematan en vertedoiros,
incinéranse ou expórtanse a países con regulacións laxas, onde acaban contaminando ríos,
solos e comunidades enteiras. Mentres tanto, as grandes empresas que producen toneladas
de plásticos cada día seguen a obter beneficios multimillonarios, aproveitando un sistema
de reciclaxe que, máis que unha solución, é unha cortina de fume. Convertiron a economía
circular nun lema publicitario, mentres a verdadeira responsabilidade ambiental brilla pola
súa ausencia. Non se trata só dunha cuestión ecolóxica. É tamén un problema político e
económico. Porque este modelo de xestión de residuos está a ser financiado con diñeiro
público, a través de contratos opacos e subvencións que engordan os balances de grandes
corporacións, moitas veces sen resultados reais nin auditorías independentes.
Como dixo Immanuel Kant: “O ser humano é responsable non só do que fai, senón tamén
do que deixa de facer.” E é esa responsabilidade a que debemos asumir para mudar este
modelo insostible.
A solución non pasa por reciclar máis, senón por producir menos plástico. Por fomentar
materiais biodegradables e sistemas de reutilización. Por facer que as empresas
responsables do problema asuman tamén o custo da súa solución. E, sobre todo, por
construír un modelo de economía circular real, non baseado na exportación do lixo nin na
manipulación de estatísticas. Galicia non pode permitirse seguir sendo cómplice nin vítima
deste modelo. Temos recursos, conciencia social e tecido local abondo como para liderar un
cambio cara a unha sustentabilidade auténtica, non maquillada. É hora de abrir os ollos e
esixir políticas valentes, que non se deixen presionar por lobbies nin intereses empresariais.

Porque o plástico non se recicla só, e moito menos cando o sistema está deseñado para
converter a contaminación nunha oportunidade de negocio.

José Luis Calo
Coordinador de UCIN Galicia

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.