A esixencia do BNG de recorte do gasto político en Noia suporá un aforro de 60.000 euros

27 Agosto 2025

Unha vez decorrida este mércores a Comisión Informativa previa na que se deu conta dos novos cambios na organización do Concello de Noia, os grupos municipais votarán na sesión plenaria extraordinaria do vindeiro luns 1 de setembro unha serie de acordos que suporán os primeiros pasos para a redución do gasto político, unha exixencia que foi incluída no acordo de investidura asinado por parte do BNG e do PSdeG.

Segundo explicou o BNG local en relación á súa proposta, “a redución do gasto político en 2026 desde os 355.000 euros actuais ata unha partida de 295.000 euros servirá para sufragar o cumprimento doutro dos acordos incluídos no pacto para a investidura do novo Executivo local, establecer un plan de xestión da vexetación e de limpeza tanto no centro urbano como nas parroquias do municipio, así como a licitación deste servizo para evitar a contratación menor e a falta de eficiencia actual no investimento”.

Engade a agrupación que “desta maneira, e co convencemento de que o novo Goberno municipal deberá apoiar esta proposta do BNG por estar incluída no pacto de investidura”, levarase á vindeira sesión ordinaria do pleno da Corporación un acordo para a licitación do servizo de limpeza viaria e xestión da vexetación, un encomenda na que traballará conxuntamente co Executivo coa intención de que esta sexa unha realidade de cara a xaneiro de 2026.

“A redución do gasto político en 60.000 euros anuais de cara ao próximo exercicio suporá unhas contas moito máis razoábeis e permitirá contar cun servizo de limpeza recorrente e durante todo o ano que acabe co desleixo do bipartito entre o PP e o NO.I.A.”, trasladou o portavoz do BNG de Noia, Ricardo Suárez, quen tamén avanzou que comunicará ao novo Goberno a intención de levar a cabo este plan na próxima reunión de seguimento do pacto.

Aforro no gasto no presente exercicio

Explica o BNG local que a maior parte do aforro no gasto político do Concello de Noia quedará implementado desde o comezo de setembro, posto que os grupos municipais votarán no pleno que terá lugar o primeiro día do mes os salarios do novo Executivo, que suporán unha redución de 35.000 euros anuais. “Ademais, a redución do gasto nas Xuntas de Goberno local suporá un aforro adicional de 14.000 euros, mentres que no caso das Comisións Informativas será de 8.000”, sinalan, engadindo que o resto do aforro en gasto político virá da man do próximo orzamento de 2026, no que o BNG xa chegou a un acordo co Goberno municipal para reducir as partidas de asignacións aos grupos municipais e de persoal eventual en máis de 6.000 euros cada unha. En suma, e tendo en conta algúns axustes polo número de edís que recibirán a compensación por cada pleno, o aforro total acordado quedará fixado nunha contía de 60.000 euros por exercicio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.