Xoves 10, inestabilidade atmosférica e baixa da temperatura

09 Xullo 2025

O tempo comezará a empeorar este xoves debido a un incremento progresivo da inestabilidade atmosférica. A xornada arrancará con néboas no interior e brétemas costeiras, que poderán ser máis persistentes en puntos do litoral.

Co avance do día, agárdase un aumento das nubes de evolución, especialmente durante a tarde, que poderían derivar en chuvascos de carácter tormentoso, sobre todo nas zonas do interior da comunidade.

En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso, máis notable na metade oeste de Galicia. O vento soprará frouxo e de dirección variable ao longo da xornada.

meteogalicia

O noso mar:Vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do norte á mañá e noroeste á tarde e á noite, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.