“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

11 Xullo 2025

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao tempo que lle dicía retranqueiramente: “A moitos Gobernadores Civís coñecín eu, si señor!”. E alá que marcha sen falar unha palabra de máis.

Vén a conto esta anécdota porque eu tamén coñecín e tratei a un deles, a Virginio Fuentes Martínez, un valenciano, que o goberno presidido por Felipe González nomeou acertadamente Gobernador Civil de Pontevedra no ano 1982. Coido que estaba adscrito a Izquierda Socialista, unha das correntes organizadas dentro do PSOE.

Durante os catro anos que permaneceu no cargo tivemos ocasións para participarmos en actos que eu organizaba no Concello de Redondela na miña etapa de responsable das áreas de cultura e lingua. Durante este tempo Virginio Fuentes fixera un meritorio esforzo por inculturizarse no país. Mesmo chegou a pronunciar en galego algunhas intervencións públicas e a escribir varias colaboracións periodísticas no noso idioma. Recordo escoitarlle un emocionado discurso sobre Castelao e o galeguismo o día que inauguramos na alameda o monumento ao autor do “Sempre en Galiza” en 1986.

Virginio Fuentes tivo que afrontar os desmáns de antigos policías da Brigada-Político Social atrincheirados na Comisaria de Vigo. Funcionarios corruptos que protagonizaron durante o franquismo as vilezas e torturas máis inhumanas que se poidan imaxinar. Aquel grupo de delincuentes protagonizaron nos comezos da trapalleira transición democrática toda caste de falcatruadas. Virginio, por exemplo, tiña a intuición de que a bomba que se puxera no Cine Vigo o día do estreo da película de Pilar Miró, “El críme de Cuenca”, para impedir a proxección do filme, fora cousa deles. Aquel atentado puido ser realizado presumiblemente coa cobertura do comisario-xefe en Vigo, Antonio Rosino Blanco, que daquela codirixía os GAL, tal e como quedou acreditado na sentenza que o condenou por pertenza a banda armada pola tivo que cumprir varios anos de prisión.

Virginio contárame como un presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra alertaba aos seus amigos contrabandistas cada vez que o Ministerio do Interior preparaba un operativo para a súa detención. Co tempo, víase vir, acabaron creando unha organización criminal dedicada á distribución de droga en cantidades industriais, causando centos de mortes.

A miña admiración por Virginio Fuentes foi medrando ao tempo que fomos afortalando a nosa amizade e complicidade. No tempo que dirixíu o Goberno Civil demostrou ter un talento político superior á media dos gobernantes de entón, e un talante exquisito nos diálogos cos interlocutores sociais e institucionais que acudían ao seu despacho. Esto manifestábase nas simpantías que espertaba. Por estes méritos foi merecente das louvanzas da meirande parte dos axentes sociais.

  1. Tiven a oportunidade de comprobar que era un político de acentuadas conviccións democráticas co gallo dun suceso que me aconteceu en 1984. Naquela altura era eu, como queda dito, funcionario do Concello de Redondela. Virginio Fuentes concedeume o privilexio nada común de someter a un tenso interrogatorio na alcaldia do Concello de Redondela ao comisario-xefe de policía, Jorge Mosquera, que me torturara en tempos da ditadura, por provocar a miña detención en marzo de 1984 reactualizando unha “orde de busca e captura” ditada en outubro de 1975, e que fora amnistiada por lei en xuño de 1976. Virginio Fuentes mandarao ir a Redondela para darme explicacións daquela detención ilegal. Do que aconteceu ali durante hora e media pode dar conta o entón alcalde Xaime Rei Barreiro que o presenciou. Nunca puido imaxinar aquel torturador que algún día o torturado íao interrogar a el. Nunca tiven na miña vida tamaña satisafación.

Romedando a Ánxel Fole, eu si que podo dicir que coñecín gobernadores civís, pero ningún como Virginio Fuentes Martínez, un político de conduta intachable, que prestixiou a institución que dirixíu en Pontevedra, accesible á cidadanía, repartindo con todos a empatía que o caracterizaba. Del podería contar algunhas anécdotas máis, todas reveladoras dunha rexa personalidade. Os gobernadores civís e subdelegados do Goberno que o sucederon tempos despois non superaron o seu maxistral exemplo. Virginio Fuentes deixou unha imborrable memoria en Pontevedra que algúns rememoraremos cantas veces nos sexa posible.

* Presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...