Todo listo para o comezo do Festival Noites de Jazz de Rianxo

26 Xullo 2025

O Concello de Rianxo acolleu a semana pasada a presentación dunha nova edición do Festival Noites de Jazz, organizado dende o Concello coa colaboración da Deputación da Coruña: unha nova entrega que botará a andar o vindeiro martes 29 de xullo co concerto da Big Band da Escola de Música de Rianxo e desenvolverase ata o 1 de agosto con concertos todos os días e diferentes propostas formativas.

O programa, moi diverso e moi envorcado na formación, arrincou xa en febreiro coa primeira actividade do festival: unha jam session no paseo da Ribeira de Rianxo coa colaboración da EMR e a Cafetería Castelao. O 1 de xullo celebrouse outra sesión en A Lareira co combo da EMR dirixido por Bernal Muíños.

Ademais, leváronse a cabo tres concertos didácticos en colexios de Rianxo, impartidos por Alfredo Susavila (piano) e Bernal Muíños (saxo), introducindo ao alumnado nos estilos do jazz mediante estándares clásicos e reinterpretacións participativas como A Rianxeira.

Por outra banda, o festival veu en xullo cun Curso de Big Band, impartido durante todo o mes na Escola de Música de Rianxo incluíndo materias como historia do jazz, teoría aplicada, técnicas instrumentais, improvisación e repertorio. Culminará co concerto de clausura o 29 de xullo, que abrirá o festival.

Lembrar tamén, no capítulo formativo, que do 26 ao 30 de xullo Francisco Muñiz impartirá un curso de baile de swing no Cuartel Vello. Rematará cun baile social de clausura o 2 de agosto na praza Rafael Dieste.

Concertos – praza de Rafael Dieste – 22.00 h

29 de xullo: Big Band da EMR.

30 de xullo: Pablo Sanmamed Trio + Benxamín Otero, galardoados co Premio Martín Códax 2024.

31 de xullo: Swing Titáns, homenaxe á época dourada do swing.

1 de agosto: Sumrrá, trío galego máis internacional, celebra o seu 25 aniversario cun repertorio dos seus mellores temas.

Podemos consultar todo o programa na páxina web do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.