Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

08 Xullo 2025

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu, estarán dispoñíbeis todos os martes dende o 15 de xullo ata setembro en horario de mañá e “ofrecerán unha oportunidade única tanto para residentes como para visitantes de explorar e conectar con eventos e personaxes históricos significativos, ademais de descubrir a beleza das paisaxes do territorio”, sinalou o concelleiro.

Engadiu que o itinerario foi “coidadosamente elaborado” para que as persoas participantes poidan coñecer os momentos clave que formaron a identidade das nosas vilas mariñeiras, observando como evolucionaron desde as súas orixes ata a actualidade.

Suárez-Puerta salientou que o obxectivo principal “é ofrecer unha visión completa das parroquias visitadas, entendendo a súa historia e o seu proceso de transformación ao longo do tempo”.

Novidades

Este ano, o programa enriquécese coa incorporación de dous novos roteiros. Un deles é o itinerario a pé en Corrubedo, que permitirá aos asistentes coñecer os segredos desta emblemática localidade. O segundo roteiro é en bicicleta eléctrica por Oleiros e Olveira, que ofrecerá unha perspectiva innovadora e ecolóxica: “Mediante este percorrido, as persoas participantes poderán descubrir as parroquias de Oleiros e Olveira desde unha visión máis dinámica, gozando da paisaxe e a historia con maior facilidade e comodidade”.

O roteiro en bicicleta eléctrica facilita unha conexión máis profunda coa contorna, permitindo aos participantes apreciar a beleza natural e cultural da zona desde unha perspectiva fresca e moderna. Esta iniciativa busca promover un turismo “sostíbel e accesíbel”, achegando a historia e o patrimonio local a todos os públicos.

Para rematar, Suárez-Puerta convidou aos veciños e visitantes “a sumarse a esta experiencia cultural e enriquecedora durante os meses de verán”.

Para máis información e inscricións, poden chamar á Oficina Municipal de Turismo de Ribeira no 981 873007 ou consultar a axenda de Turismo na web municipal.

Camiño de Onte (Ribeira)

Camiño do Sal (Castiñeiras-Aguiño)

Camiño do Castelo (Palmeira)

Camiño do Faro (Corrubedo)

Camiño Eléctrico (Oleiros e Olveira). Percorre Oleiros e Olveira e en bicicleta eléctrica explorando as súas paisaxes e recunchos dende unha perspectiva activa. Grupo min. 3 persoas / máx.: 5 persoas. Ten que ser en bicicleta eléctrica, no caso de non dispoñer de e-bike pódese alugar en Dálle Pedal (37€): inclúe casco e asistencia en ruta.

Camiños autoguiados. O Concello está a traballar na creación de audioguías que lles permitirán ás persoas realizar os camiños de xeito autónomo, ao seu ritmo e con toda a información necesaria. Estas audioguías estarán dispoñibles proximamente na páxina web oficial de Turismo de Ribeira.

Cronograma dos roteiros

XULLO

15 – Camiño do Faro (Corrubedo)

22- Camiño de Onte (Ribeira)

29- Camiño do Sal (Castiñeiras- Aguiño)

AGOSTO

5- Camiño do Castelo (Palmeira)

12- Camiño de Onte (Ribeira)

14- Camiño Eléctrico (Olveira- Oleiros)

19- Camiño do Faro (Corrubedo)

26- Camiño do Sal (Castiñeiras- Aguiño)

28- Camiño Eléctrico (Olveira- Oleiros)

SETEMBRO

2- Camiño do Faro (Corrubedo)

9- Camiño de Onte (Ribeira)

16- Camiño do Castelo (Palmeira)

23- Camiño do Sal (Castiñeiras- Aguiño)

30- Camiño do Faro (Corrubedo)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.