Ribeira acolle a partir deste mércores un curso da UIMP sobre prevención de violencia de xénero

08 Xullo 2025

Do 9 ao 11 de xullo de 2025 desenvólvese no Auditorio Municipal de Ribeira o Curso especializado para a avaliación e intervención en violencia de xénero, da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e baixo a dirección de Gualberto Buela-Casal, catedrático de Psicoloxía Clínica da Universidade de Granada.

Sede da UIMP en Santander

O alumnado deste curso de verán estará composto por cen persoas que proveñen na súa maioría do mundo profesional en participarán os tres días na posta en común do traballo que se está a desenvolver en materia de investigación, en seguridade representada nos corpos e forzas de seguridade do Estado, e nas políticas activas contra a violencia de xénero.

No acto de apertura o día 9 de xullo ás 9.30 h no salón do Auditorio.

estarán presentes: Luís Antonio Perez Barral, alcalde de Ribeira, Carlos Andradas Heranz, reitor da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, UIMP (que intervirá en liña), María Jesús Lorenzo Modia, directora da UIMP en Galicia, Roberto Barba Alvedro, director xeral de Loita contra a violencia de xénero da Xunta de Galicia, Fernando Pedreira Lata, coronel xefe da Garda Civil da Coruña, Gualberto Buela-Casal, catedrático de Psicología Clínica e director do curso, María del Mar García Vidal, responsábel da Área de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña, Diego Amaya Díaz, xefe da Comisaria da Policía Nacional de Ribeira, María Rosa Álvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e Mercedes Novo Pérez, secretaria xeral da Sociedad Española de Psicología Jurídica y Forense.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.