O Concello de Porto do Son oferta, cada sábado, visitas guiadas ao Castro de Baroña para achegar a beleza e riqueza patrimonial á cidadanía.
A saída será ás 11:30 horas desde a Oficina de Turismo do Castro de Baroña. Desde alí farase un percorrido para visitar e redescubrir un dos maiores tesouros naturais cos que conta o municipio.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no 881 878 228.




