Pontón reivindica no Carme de Aguiño “a Galiza mariñeira como esencia da identidade”

16 Xullo 2025

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acompañou este 16 de xullo, Día do Carme (patroa da xente do mar), aos traballadores e ás traballadoras do mar da parroquia de Aguiño na súa celebración, que aproveitou para reivindicar “a Galiza mariñeira como esencia da identidade, da memoria colectiva e da fortaleza do pobo galego”. Fíxoo na compaña do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barra. Pontón lembrou que “a nosa é unha nación mariñeira”, cun sector do mar que é a todas luces estratéxico na economía do país e cunha incalculábel contribución á identidade e á cultura galegas. “Cada vez que nos achegamos a un porto vemos a forza de todo un pobo que se acostumou a vivir co sal nas mans e co horizonte do mar nos ollos”, asegurou.

Pontón enxalzou o traballo dos galegos e as galegas que viven do mar, “desde os mariñeiros —dixo— até as mariscadoras, as redeiras, a xente que traballa nas lonxas, os patróns e todas e cada unha das persoas que sosteñen un sector tan importante para o noso País” e que representa, engadiu, “unha maneira de vida que se transmite xeración tras xeración, unha riqueza fundamental para Galiza”.

Desde o punto de vista económico, reclamou para este sector políticas que garantan o seu futuro e os miles de postos de traballo que dependen do mar. Un futuro que pasa, engadiu, por coidar un “ecosistema que é riquísimo” e que precisa ser blindado fronte a “proxectos megacontaminantes” como o que quere implantar Altri coa “complicidade do PP e do Goberno de Rueda, que suporía poñer en risco miles de postos de traballo na ría de Arousa”, advertiu.

Pontón subliñou ademais a necesidade de rexeneración das rías galegas e de políticas que “coiden” da actividade económica que se xera ao seu arredor, clave para o futuro do País e para  “seguir sendo a nación mariñeira que somos”.  

Pontón na súa visita a Aguiño nunha imaxe de Canal Rías Baixas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.