O empresario Severino Escurís Batalla celebra o seu cen aniversario

18 Xullo 2025

Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de ACTEMSA, cumpre cen anos este 18 de xullo: un século de vida adicado literalmente ao traballo e ao progreso económico empresarial da súa comarca (O Barbanza) e da súa vila, A Pobra do Caramiñal.

En palabras do empresariado do Barbanza e da Pobra (AEPuebla), estamos “ante unha vida extraordinaria adicada ao traballo, a empresa e a familia, como empresario modélico e referente no impulso económico do Barbanza e todo un referente para as novas xeracións de emprendedores”. Así definiron a súa traxectoria na patronal local (AEPuebla) e no Concello da Pobra na recente homenaxe ao mérito empresarial de Severino Escurís, celebrada o pasado 4 de xullo.

O empresario celebra o seu aniversario hoxe en compañía de toda a súa familia, coa que creou ACTEMSA en 1994, unha operadora global de túnidos e peixe conxelado que foi pioneira do Polígono dA Tomada, á que segue acudindo a diario; despois de toda unha vida en Escurís, compañía fundada polo seu pai Manuel.

Na súa longa traxectoria, xerou miles de empregos directos e indirectos e contribuíu ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro de Galicia, onde sempre ostentou unha posición de liderado empresarial.

Traxectoria dun empresario centenario

Don Severino Escurís naceu o 18 de xullo de 1925 en Rianxo e trasladouse á Pobra do Caramiñal aos catorce anos; incorporándose á conserveira Escurís recentemente fundada polo seu pai aos dezasete anos. Foi nomeado como presidente do consello de administración en 1979 e ao xubilarse crea ACTEMSA cos seus fillos en 1994 aos 69 anos, inaugurando o polígono da Tomada en Pobra do Caramiñal.

Recibiu os recoñecementos do Goberno de España, coa Medalla ao Mérito do Traballo en 2014, da Cámara de Comercio e dos seus compañeiros empresarios, de cuxas organizacións sempre foi partícipe, como de ANFACO, coa distinción á súa traxectoria empresarial concedida este mesmo ano. Ademais, a conserveira Escurís foi recoñecida coa Medalla da Xunta de Galicia en 1991. Foi tamén distinguido hai unhas semanas pola Deputación da Coruña nos Premios PEL.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.