O deporte e a solidariedade daranse a man na XXXIII Festa da Bici, a favor do Club Remo da Pobra

07 Xullo 2025

O deporte e a solidariedade daranse a man na XXXIII Festa da Bici da Pobra. O Concello organiza, un ano máis, esta cita de carácter non competitivo na que os fondos recadados irán destinados ao Club Remo da Pobra (Club de Remo Puebla).

Será o domingo, 13 de xullo, e estará aberta á participación de toda a veciñanza. Durante a presentación oficial celebrada este luns 7 de xullo, o concelleiro de Deportes, Eloy Sobrido, animou á cidadanía a sumarse á cita coa que se busca un triplo obxectivo: “Queremos promover un estilo de vida saudable por medio da práctica deportiva, ofrecer unha actividade lúdica e, ademais, contribuír co Club Remo da Pobra, cuxa nave sufriu un importante incendio no mes de xaneiro”.

Na presentación do evento tomou parte o presidente da entidade deportiva, Emilio Dieste, o técnico da área de Deportes, Rubén López Pérez, e o remeiro do club pobrense, Diego Cabezudo Pérez.

Haberá dúas modalidades de percorrido en función da idade. O primeiro, de 1,5 km, discorrerá polo núcleo urbano e está pensado para nenos e nenas de ata 8 anos ou para aqueles rapaces e rapazas con dificultades para facer un circuíto maior. Os menores de 4 anos deberán ir en cadeiras adaptadas ás bicicletas dos adultos e adultas. O segundo percorrido está dirixido a cativos e cativas de 8 anos en adiante que deberán cubrir unha distancia de 9,5 km. En ambos os casos, a liña de saída e meta será na praza Alcalde Segundo Durán. As pedaladas arrincarán ás 11.00 horas coa partida dos máis pequenos e pequenas. Á súa chegada, comezará o percorrido de maior lonxitude.

As inscricións estarán dispoñibles na praza Alcalde Segundo Durán o propio día da proba, desde as 10.15 horas. As persoas interesadas poderán doar 2 euros no bote solidario do Club Remo da Pobra. Cada ciclista recibirán un dorsal que terá que conservar para un sorteo final de agasallos.

Outros artigos

A pintura de Rosa Fernández Caamaño regresa a Noia

O Casino de Noia acolle do 4 ao 31 de agosto unha nova exposición da artista noiésa Rosa Fernández Caamaño, unha oportunidade para descubrir a obra dunha creadora profundamente vencellada á súa terra de orixe. Nada en Noia, Rosa Fernández Caamaño desenvolveu a súa...

+

Xoves 6, sol e suba da temperatura

Durante o xoves Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do nordés. Con esta situación comezaremos a xornada con ceos parcialmente cubertos, con orballos no extremo norte e co avance do día as nubes iranse retirando en xeral, permanecendo as...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.