O Concello de Padrón abre até o 30 de xullo o prazo de inscrición no Concilia Despertares 2025-2026

16 Xullo 2025

O Concello de Padrón mantén aberto até o 30 de xullo o prazo de inscrición no programa Concilia-Despertares para o curso 2025-2026. Trátase dun servizo municipal dirixido a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias durante o calendario escolar, ofrecendo atención ao alumnado no CEIP Rosalía de Castro antes do inicio das clases. O servizo desenvolverase entre o 8 de setembro de 2025 e o 19 de xuño de 2026.

As inscricións poden realizarse ben a través do rexistro de entrada do Concello, ben mediante a sede electrónica. O número total de prazas ofertadas é de 30 fixas e 15 ocasionais.

O programa contempla dúas modalidades de servizo: o servizo básico de gardería e a opción que inclúe tamén o almorzo. No caso das prazas fixas, o prezo mensual será de 40 euros para o servizo de gardería e de 55 euros cando se inclúa o almorzo. Para as persoas usuarias ocasionais, o prezo por día será de 5 euros ou de 8 euros, segundo se opte pola gardería con ou sen almorzo.

A inscrición debe formalizarse no Centro de Servizos Sociais, situado na praza da Igualdade. Tamén se poderá presentar a documentación a través da sede electrónica municipal.

As persoas interesadas poden consultar todos os detalles, incluído o modelo de solicitude e a relación completa de documentos necesarios no documento habilitado en formato PDF. Para calquera dúbida ou aclaración, poden dirixirse ao Centro de Servizos Sociais ou contactar telefonicamente no 981 817 025.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.