O Concello de Boiro amplía o programa de visitas teatalizadas ao Pazo de Goiáns durante o mes de agosto

30 Xullo 2025

O Concello de Boiro ofrece un programa de visitas teatralizadas para coñecer a historia do Pazo de Goiáns de man dos Quinquilláns que se amplía ao mes de agosto. As prazas de cada visita son limitadas e requiren inscrición previa.

Estas visitas, que xa se veñen realizando dende comezos do verán, teñen a finalidade de dar a coñecer o noso patrimonio e a historia do Pazo de Goiáns a través das historias dos personaxes que o habitaron.

As visitas previstas para este mes de agosto serán os venres 8, 22 e 29 ás 20.30 horas. Inscricións abertas na Casa da Cultura de Boiro en horario de 8.00 a 13.30 horas ou no teléfono 981 84 84 25.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.