O BNG de Ribeira denuncia o bloqueo de 353.000 euros en subvencións por parte de PP e PBBI, este último integrante do goberno municipal

29 Xullo 2025

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira emitiu este luns unha nota de prensa na que manifesta o seu “profundo lamento” polo voto en contra do Partido Popular e do PBBI á proposta do executivo municipal para aprobar as subvencións nominativas correspondentes ao ano 2025. O BNG destaca especialmente a contradición que supón o rexeitamento do PBBI, grupo que forma parte do actual goberno local.

Segundo o BNG, esta decisión supón o bloqueo de 353.000 euros destinados a entidades sociais, culturais, deportivas, comerciais e veciñais do municipio, fondos que historicamente contaron cun consenso maioritario da Corporación Municipal.

“Resulta rechamante que o PP se opoña a unhas subvencións que xa concedía nos seus anos de goberno, e que agora mesmo inclúen máis entidades beneficiarias e con achegas superiores. Pero o caso do PBBI é aínda máis grave, ao votar en contra dunha proposta do propio executivo do que forma parte”, sinalan desde a formación nacionalista.

Subvencións sen incremento estrutural

O BNG aclara que o lixeiro incremento das partidas (50.000 euros respecto ao ano anterior) responde exclusivamente a compromisos institucionais aprobados previamente, como os 40.000 euros para o Encontro de Embarcacións Tradicionais —aprobados por unanimidade en Pleno— e os 10.000 euros acordados no seo da Mancomunidade da Arousa Norte. “Non hai, polo tanto, ningún incremento estrutural no gasto”, afirman.

O bloque tamén lembra que, ao atoparse o Concello cun orzamento prorrogado, era necesaria a ratificación expresa destas subvencións para garantir que as entidades poidan recibir as axudas. “Negarse a iso é negarse a apoiar a persoas e colectivos que traballan a diario a favor da veciñanza, da cultura, do deporte ou do comercio local”, asegurou Rafa Pazos, portavoz do BNG.

Cobro anticipado para garantir viabilidade

Como novidade, a proposta contemplaba que as entidades puidesen cobrar ata o 50% da achega de forma anticipada, co obxectivo de mellorar a súa viabilidade financeira e evitar que teñan que adiantar fondos para actividades de alto custo. Segundo o BNG, trátase dunha medida demandada polas propias asociacións e impulsada pola formación nacionalista.

Entidades afectadas

Entre as organizacións que verían conxeladas as súas axudas están colectivos que traballan na atención a persoas con diversidade funcional, loita contra a drogadicción, apoio a persoas sen recursos, promoción cultural e do patrimonio marítimo, dinamización comercial e deporte base.

Entre outras, figuran Ambar, Amicos, Cáritas, Cruz Vermella, Asociación Renacer, Asociación de Empresarios de Ribeira, Confrarías da Dorna e de Carreira e Aguiño, Museo do Gravado, Mares da Fin do Mundo, USC, Club Náutico de Ribeira, Fundación Galega contra o Narcotráfico, Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza ou a Mancomunidade Arousa Norte.

Chamamento ao desbloqueo

O BNG finaliza o comunicado reiterando o seu compromiso co tecido asociativo e esixindo que os partidos que bloquearon a proposta —PP e PBBI— rectifiquen e permitan desbloquear unhas axudas que son vitais para o funcionamento e continuidade de numerosos colectivos locais. “As entidades non deben ser vítimas do cálculo electoralista nin do xogo político partidista”, conclúe.

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.