O vindeiro 9 de agosto celebrarase a terceira edición do Descenso a Nado do Río Tambre, en palabras da organización “unha proba única nun escenario espectacular” que ten prevista a saída dende a Central do Tambre e a chegada a Ponte Nafonso, incluíndo unha distancia a percorrer de 4.800 metros. O prazo de inscrición estará aberto até este xoves 31 de xullo ás 23.59 horas e podemos achegar os nosos datos a través da ligazón habilitada na Rede. Está previsto que a proba dea comezo a partir das 17.00 horas do vindeiro 9 de agosto, sábado. Organiza a Escola de Piragüismo Outes.
Modalidades de inscrición
TRAVESÍA A NADO 4800M – MAIORES 18 ANOS: 25,00 €
TRAVESÍA A NADO 4800M – MENORES 18 ANOS: 25,00 €




