Noia impulsa a renovación da súa Depuradora de Augas Residuais, co fin de avanzar en eficiencia e sustentabilidade

04 Xullo 2025

O Concello de Noia vén de dar un impulso decisivo a un dos grandes proxectos da actual lexislatura: a a remodelación da Depuradora de Augas Residuais (EDAR), en palabras do Goberno local “unha iniciativa estratéxica clave en infraestrutura ambiental, cun investimento aproximado de 3 millóns de euros destinados á transformación integral da planta”.

O obxectivo dos traballos que xa se están a desenvolver é optimizar a capacidade de tratamento de augas residuais e modernizar os sistemas de depuración e bombeo.

Os traballos, que foron supervisados esta primeira semana de xullo polo rexedor, Santiago Freire, e a concelleira Laura Salgado, inclúen tamén unha actuación integral da nave principal e de todos os sistemas de tratamento, “buscando un funcionamento máis eficiente e sostíbel”, explicaron, engadindo que esta iniciativa “é fundamental para mellorar a calidade das augas residuais nunha ría produtiva, beneficiando a sectores como o marisqueiro, o pesqueiro e o turístico, e constituíndo un primeiro paso cara a futuras ampliacións”.

Lembraron tamén que ademais do proxecto de remodelación da depuradora, acometerase unha iniciativa integral de posta a punto da ETAP, a Estación de Tratamento de Auga Potábel, que vén cun investimento de en torno a 1,5 millóns e que vai permitir optimizar a planta, mellorar a capacidade de almacenamento e aplicar novas técnicas como a ozonización.

Outros artigos

Xoves 10, inestabilidade atmosférica e baixa da temperatura

O tempo comezará a empeorar este xoves debido a un incremento progresivo da inestabilidade atmosférica. A xornada arrancará con néboas no interior e brétemas costeiras, que poderán ser máis persistentes en puntos do litoral. Co avance do día, agárdase un aumento das...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

En mis recuerdos está más que presente el modo conel que se nos premiaba al final del curso escolar yque todos conocíamos como veranear. Eran variosmeses de veraneo de infancia y juventud quediscurrían en una de las playas más emblemáticas.En mi caso la que se conocía...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.