A Concellería de Cultura e Turismo de Noia que dirixe Pepe Pérez compartiu a axenda de actividades culturais prevista en Noia para os meses de verán, no marco do programa Rúas Vivas Noia 2025. Haberá festivais e festas patronais, así como actuacións en pequenas prazas e rúas da vila, ademais de concertos, proxeccións de cinema, obradoiros de pintura e, en definitiva, actividades culturais para todos os públicos.

A axenda deu comezo este 3 de xullo coa actuación de Monkeys Acustic na praza da Constitución e prosegue este venres na praza do Curro, ás 21h, con Sara & Majos. Este sábado 5 de xullo, no Malecón de Gasset, actuará DJ Pichi ás 21.30 horas e o vindeiro 9 de xullo estará o Mago Deimi no Campo da Feira, a partir das 12.30 horas.
O 10 de xullo a praza do Cantón dará acollida a unha actuación de Jerry Noia Jukebox, a partir das 21h.
O 11 de xullo actuará Aulllido na Peregrina, a partir das 21.30h, e o 12 celebrarase unha homenaxe a Juan Pardo na praza do Tapal, a partir das 22h, baixo o título Xuntos Pola Música.
O 15 de xullo a igrexa de Santa María A Nova acollerá a actuación de Dúo Violíns, ás 20.30h.
O 16 de xullo a praza da Constitución albergará unha actuación de Bela Charlo, ás 21h. Máis tarde celebraranse as Festas do Carme na Alameda. Bela Charlo volverá a actuará na Alameda ao día seguinte, 17 de xullo, ás 21h.
Os días 18, 19 e 20 de xullo celebrarase en Noia a XXVI edición da Feira Medieval.
O 22 de xullo proxectarase o filme Super Mario Bros no Tapal, ás 22.45 horas.
O 23 de xullo actuarán Diego Castro e Os Impostores na praza do Curro, ás 21h.
O 24 de xullo haberá foliada na praza do Curro e pola noite, ás 22.30h, actuará no Malecón de Gasset Comanche Acoustic.
O 26 de xullo celebrarase o Certame de Pintura de Noia e o Bolo Fest.
Entre o 30 de xullo e o 2 de agosto desenvolverase a nova edición do festival Noia Harp Fest.
O 1 de agosto actuarán na Alameda, ás 21h, Comanche Acoustic.
O 6 de agosto actuarán La Banda del Jara na praza do Curro, ás 21h.
O 8 de agosto volverá actuará Bela Charlo, desta volta no Malecón de Gasset, ás 21h.
O 9 de agosto actuará Mirando Flores, no marco das Festas da Peregrina.
O 12 de agosto a praza do Tapal acolle a proxección de Wish, ás 22.30h.
O 13 de agosto a praza do Curro dará acubillo á actuación de Claudio Hache Trío, ás 21h.
Entre o 14 e o 15 de agosto a praza da Constitución acolle as actuacións do Festival Jazz Noia.
O 16 de agosto actúan As Armadanzas no Cantón, ás 20.30h, e na Alameda (ás 21h) Elena Agra.
O 21 de agosto actúa Paula Chiña no Malecón de Gasset, ás 21h.
Entre o 22 e o 26 de agosto celebraranse as Festas de San Bartolomeu.
O 29 de agosto está previsto o Entroido de Verán.
