Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro foron solicitados sobre ás 20:48 horas deste luns 21 de xullo pola Policía Local para apagar un pequeno conato de incendio que afectou ás vigas de madeira do tellado dunha vivenda deshabitada no lugar da Boliña, no concello de Boiro, que este domingo xa sufriu un lume.
Tamén participaron Protección Civil e SPEIS Boiro.




