Apagado un incendio dun elevador no exterior dunha nave no polígono de Espiñeira, no concello de Boiro

11 Xullo 2025

Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro recibiron o aviso do 112 arredor das 21:30 horas da noite de onte, 10 de xullo, polo incendio dun elevador dentro dunha nave no polígono de Espiñeira, no concello de Boiro.

Á súa chegada ao lugar, persoal da nave xa sacara o elevador para o exterior. Os bombeiros provinciais controlaron o lume con liña de alta presión con escuma. Posteriormente, coa cámara térmica foron controlando e extinguindo o lume que afectaba á parte do motor do elevador. Unha vez extinguido o lume, procederon a arrefriar esta máquina, que ardeu practicamente por completo, véndose afectado, principalmente, o motor e a parte de mandos.

Completaron o operativo a Policía Local, a Garda Civil e o servizo municipal de Protección Civil.

Foto compartida polo Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.