A Pobra organiza un curso sobre os usos e posibilidades da Intelixencia Artificial

08 Xullo 2025

Democratizar o coñecemento e o uso da Intelixencia Artificial e reivindicar un uso enriquecedor e seguro destas novas ferramentas disruptivas. Ese é o obxectivo prioritario que o Concello da Pobra do Caramiñal buscará cumprir co seu novo curso sobre IA.

O programa está organizado pola Concellería de Mocidade, pero está pensado para veciños e veciñas de todas as idades e ocupacións sen coñecemento previo sobre a materia. O obxectivo, tal e como explica o concelleiro desta área, Eloy Sobrido, é que as persoas participantes poidan aprender “a usar a IA no seu beneficio, coñecendo as ferramentas que empregan esta tecnoloxía e descubrindo como empregalas no seu día a día”. A formación desenvolverase ao longo de oito sesións entre o 21 e o 24 e do 28 ao 31 de xullo.

As dúas primeiras leccións servirán para facer unha introdución á Intelixencia Artificial e para abordar a IA baseada en texto, traballando con plataformas como ChatGPT. Na terceira e cuarta clase, o alumnado usará aplicacións sinxelas de tradución e corrección de textos. A quinta e sexta destinaranse a programas de asistencia informática e programación na ofimática e nas dúas últimas trataranse os aspectos sociais e éticos da IA. Todas as clases estarán impartidas por Ramón Barral Lijó, doutorado en Matemáticas pola Universidde de Santiago de Compostela e cunha ampla traxectoria docente en España e noutros países como Xapón.

A actividade é 100% gratuíta e todas as sesións realizaranse, de 11.00 a 13.00 horas, na aula de informática da Casa da Mocidade. As persoas interesadas poderán anotarse no correo mocidade@apobra.gal. Poderán pedir máis información nese mesmo enderezo ou na secretaría de Alcaldía.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...