A Pobra inaugurará o seu calendario de festas coas de Carme do Castelo

09 Xullo 2025

A Pobra comeza a vindeira semana o seu calendario de festas. Farao co inicio dunha das “citas estrela” do verán do municipio: as festividades de Carme do Castelo, que se celebrarán do venres, 18 de xullo, ao domingo, día 20. A sala de xuntas do Concello acolleu este 9 de xullo a presentación oficial do programa, que correu a cargo da concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e do presidente da Comisión de Festas Carme do Castelo, José María Abuín, tomando parte tamén os seguintes representantes: o tesoureiro, Ricardo Santamaría, e os voceiros, Juan Ramón Maneiro e Juan Manuel Fariña. Durante a súa intervención, Lojo felicitou aos membros da Comisión pola organización dunha programación “completa e variada na que se ofrecen propostas para públicos de todas as idades”.

Lembraron que a festividade está organizada pola Comisión Carme do Castelo e conta coa colaboración do Concello.

Nesta edición, tal e como explicou a concelleira, “encargámonos de coordinar o programa do venres, con dous concertos de grupos locais e tamén de localidades próximas”.

Deste xeito, o venres, 18 de xullo, subirán ao escenario Brumeigho e Sabela King & The Heartbreakers. O primeiro é un grupo pobrense especializado en música tradicional galega. O segundo, natural de Boiro, interpreta temas propios e versións de clásicos de Sam Cooke, Johnny Cash e Emily Loizeau. Con estas dúas actuacións, a edil reafirma a súa aposta “por dar ás bandas locais un maior protagonismo na vida cultural do municipio, é algo importante para nós e que a elas lles serve para gañar visibilidade”.

O obxectivo do Carme do Castelo é, tal e como indicou o presidente da Comisión, “ofrecer unha festa tradicional como as de antes, unha cita que sirva para enxalzar a nosa cultura e os nosos costumes. Non queremos que se perdan as nosas tradicións”, explicou José María Abuín.

Xornada inaugural

O lanzamento das bombas de palenque o venres, 18 de xullo, ás 12.00 horas marcará o inicio da programación. Ese mesmo día, ás 20.30 horas, terá lugar unha sardiñada e foliada na Covecha. Ás 21.30 horas arrincarán os concertos de Brumeigho e Sabela King & The Heartbreakers na praza do Emigrante.

Sés, cabeza de cartel do IX Festival Folk

O sábado, 19 de xullo, tras o lanzamento das bombas de palenque (ás 10.00 horas), celebrarase unha ruada a cargo da Banda de Música de Rianxo e haberá tamén alboradas polas parroquias por parte de Arrancadeira, Arume, Caraveiros, O Ar de Loureda e Xiada (10.30 horas). Sons do Peto levará a súa música aos locais de hostalaría ás 11.00 horas e, ás 12.30 horas, será a quenda de Arrancadeira, que ofrecerá música e baile tradicional polas prazas da vila. A Banda de Música de Rianxo dará un novo pase nos xardíns de Valle-Inclán ás 13.00 horas.

Ás 20.45 horas arrincará o IX Festival Folk na praza Alcalde Segundo Durán. Trátase dun evento que chega á súa novena edición e que, este ano, contará coas actuacións das pandeireteiras Arrancadeira e Mediarea. A cantautora galega Sés será o prato forte da cita musical, interpretando algúns dos seus temas clásicos como Tempestades de sal, Milonga de Aquí ou Non son fada, entre outros. O sábado rematará coa música de Deejay DB (ás 1.00 horas).

Xornada de peche

A xornada de peche será tamén unha das máis importantes para a Comisión. Tras as bombas de palenque, terá lugar unha alborada polas parroquias a cargo de Caraveiros, Os Pequenos do Barbansa, Trécola e Xiada, e cunha ruada da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal (10.00 horas). Ás 11.00 horas tomará a remuda a agrupación Jaitas Blue, ofrecendo música polos bares e prazas do núcleo urbano e, ás 13.00 horas, a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra ofrecerá un concerto nos xardíns Valle-Inclán.

Pola tarde, a partir das 19.00 horas, terá lugar a misa solemne na honra da Virxe do Carme na igrexa de Santiago do Deán. O oficio estará cantado polo Coro Parroquial. Ao remate da cerimonia terá lugar un dos momentos máis de maior significado para a Comisión do Carme do Castelo: a procesión marítima, que estará amenizada por Arrancadeira, da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra e da agrupación Os Pequenos do Barbansa. Nesta edición, disporanse tres catamaráns con capacidade para 450 persoas. Trátase dun dos actos máis importantes para a Comisión e coa que buscan “render homenaxe a todas as persoas falecidas no mar”.

O programa concluirá con boa música. Ás 22.00 horas cunha actuación da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra e, ás 23.30 horas, con Dj Jalaiko.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.