A conselleira de Economía visita a tenda pop-up en Sanxenxo da firma rianxeira D-Due

06 Xullo 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou este domingo 6 de xullo a tenda pop-up que, por quinto ano consecutivo, abren Artesanía de Galicia e a firma rianxeira D-Due en Sanxenxo durante os meses de xullo e agosto.

Trátase dun escaparate no que se exhiben as coleccións desta marca de moda coas obras de 44 obradoiros de Artesanía de Galicia, que abranguen disciplinas como a cerámica, cestería, olería tradicional, madeira, xoiería, coiro, elaboración e reparación de redes, tecido, encaixe, coitelos, figuras con miga de pan (sanandresiños), gravado, bixutería, complementos, colareiras, estampaxe ou xoguetes.

A Consellería de Emprego, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organizou esta nova edición da tenda Summer Shop D-Due & Artesanía de Galicia, que se celebra durante os meses de xullo e agosto na rúa Luis Vidal Rocha, 7, B-D, en Sanxenxo, en horario de 10,30 a 21,30 h, de luns a sábados, e de 11,00 a 15,00 h os domingos. Trátase dunha iniciativa coa recoñecida marca rianxeira de moda D-Due, que busca dar visibilidade ao talento galego e á alta calidade da artesanía feita a man en Galicia, nun espazo compartido cunha firma téxtil con proxección internacional.

D-Due é unha empresa téxtil con orixe no ano 1960, dirixida por Charo Froján e Alfredo Olmedo dende a década dos 90 e con sede en Rianxo. As súas coleccións e creacións artísticas son apreciadas internacionalmente por mercados tan exclusivos coma o xaponés, de feito, contan con tenda propia en Aoyama, unha das zonas comerciais máis exclusivas de Tokio, dende o ano 2015. A difusión internacional de D-due consolidouse ao longo dos últimos anos coa súa presenza nunha ampla variedade das tendas e dos grandes almacéns máis exclusivos de Italia, Francia ou Corea do Sur entre outras cidades clave do panorama da moda mundial.

Outros artigos

Xoves 10, inestabilidade atmosférica e baixa da temperatura

O tempo comezará a empeorar este xoves debido a un incremento progresivo da inestabilidade atmosférica. A xornada arrancará con néboas no interior e brétemas costeiras, que poderán ser máis persistentes en puntos do litoral. Co avance do día, agárdase un aumento das...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

“Del veraneo a las vacaciones”. Javier García Sánchez

En mis recuerdos está más que presente el modo conel que se nos premiaba al final del curso escolar yque todos conocíamos como veranear. Eran variosmeses de veraneo de infancia y juventud quediscurrían en una de las playas más emblemáticas.En mi caso la que se conocía...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.