Xa se poden descargar os bonos desconto de Activa Comercio, 7ª edición

04 Xuño 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou este mércores 4 de xuño o comercio especializado en xogos de mesa Júpiter Ourensecon motivo do lanzamento da 7ª edición do bono Activa Comercio. Na súa visita á cidade das Burgas, González lembrou que na primeira convocatoria do ano 2025, a Xunta está a destinar 2,5 millóns de euros, cos que prevé mobilizar 8,5 millóns en vendas nos establecementos de proximidade galegos co “obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela ao sector.”

Segundo salientou o conselleiro, xa hai máis de 6.000 negocios adheridos en toda Galicia nestes momentos e en menos de dúas horas desde a súa activación descargáronse 60.000 bonos e mobilizáronse preto de 500.000 euros, o “que evidencia o elevado impacto da iniciativa”, dixo.

Recordou que desde ás 09,00 horas deste mércores, 4 de xuño, as persoas consumidoras usuarias poden descargar un bono desconto de 30 euros na web www.bonosactivacomercio.gal para empregar directamente na adquisición de produtos e servizos nos comercios adheridos, agás tarxetas regalo, vales ou similares.

Como novidade este ano, a adhesión dos establecementos á campaña (cuxo prazo comezou o pasado 20 de maio) realizarase unha única vez para todas as edicións do ano.

Durante a visita, José Gonzalez explicou que o Goberno galego ten previsto destinar inicialmente 5 millóns de euros durante o ano 2025 a esta campaña, contribuíndo a fortalecer tanto a economía de proximidade como a competitividade do sector.

Amais, cualificou de “rotundo éxito” a actividade xerada polas pasadas edicións, coa mobilización desde o ano 2021 de preto de 100 millóns de euros no comercio retallista galego, destacando que só no 2024 se destinaron 7,5 millóns de euros en descontos, que impulsaron 600.000 transaccións comerciais nas catro provincias e xeraron un volume de vendas de arredor de 34 millóns de euros.

As persoas consumidoras interesadas que descarguen o bono desconto de 30 euros, poderano empregar directamente na adquisición de produtos e servizos nos comercios adheridos ata o esgotamento do crédito da campaña. Os bonos están pensados “para fomentar o consumo no momento da compra, favorecendo así a dinamización comercial”.

Teñen formato dixital QR e están dispoñíbeis para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe vaise reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. Como en anteriores ocasións, cada persoa pode descargar un único bono sen que haxa límite de usuarios, pero, unha vez esgotado o crédito total de 2,5M€, os bonos descargados xa non se poderán utilizar, aínda que non se teñan consumidos na súa totalidade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...