Villaverde pon en valor os avances no censo do patrimonio marítimo, no que están incluídos Muros, Baroña e Secada-Touro (Ribeira)

19 Xuño 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo un encontro de traballo de seguimento do desenvolvemento das actuación recollidas no Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030 (PCUMA) no que puxo en valor os avances na elaboración do censo do patrimonio marítimo. O obxectivo desta ferramenta é “contribuír a garantir a conservación e promoción dos rico legado das actividades vencelladas ao mar na comunidade”.

Villaverde, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, destacou “o carácter pioneiro tanto a nivel nacional como internacional deste documento elaborado en colaboración coa Universidade da Coruña”. Seguindo este fío, subliñou “a importancia de ampliar o coñecemento da cultura marítima entre a poboación revalorizando o rico patrimonio material e inmaterial de Galicia neste ámbito”.

Marta Villaverde resaltou que no marco do PCUMA, que recolle un cento de medidas a aplicar ata o ano 2030, estase a desenvolver un visor das dez áreas nais, espazos de interese cultural marítimo, incluídos no plan coa finalidade de mellorar a accesibilidade e divulgación da información relativa a estes lugares. “Trátase de puntos singulares da nosa costa que aínda conservan as características orixinais, debido a que sufriron en menor medida os procesos recentes de urbanización e industrialización do litoral”, sinalou,

Na actualidade constan Rinlo, Espasante, Mugardos, Redes, Quilmas, Muros, Enseada de Baroña (Porto do Son), Secada-Touro (Ribeira), Combarro e A Guarda. Trátase dunha listaxe que poderá ampliarse no futuro con novos estudos pormenorizados de novas posíbeis áreas de especial valor cultural marítimo que conforman, en conxunto, unha estrutura territorial que testemuñan dun xeito singular o pasado mariñeiro de Galicia.

A conselleira tamén anunciou que proximamente vai a realizar a segunda edición de exemplares do PCUMA co obxectivo de facilitar o seu coñecemento e consulta por parte de institucións públicas, entidades do sector pesqueiro ou persoal investigador. A este respecto, subliñou que a posta en valor da ampla variedade de bens inmÓBEIS e patrimonio inmaterial existentes en Galicia vinculados ao mar é unha tarefa que debe implicar ao conxunto da sociedade. Unha riqueza patrimonial que tamén xoga un papel moi relevante na diversificación e dinamización económica das comunidades costeiras.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.