O Concello de Rianxo sacou a licitación a ampliación da rede de abastecemento de auga nos núcleos de Fachán, A Coviña e Chorente, na parroquia de Taragoña. A actuación, que permitirá darlle servizo ás vivendas situadas nestes lugares e que inclúe a reposición do firme con aglomerado en quente ao remate das obras.
Dende o Concello explicaron que os traballos serán executados pola empresa Mecano Obras y Reformas S.L. e contan cun orzamento de 88.298€.
“Este proxecto”, destacou o alcalde, Julián Bustelo, “enmárcase no esforzo investidor que está facendo o Concello, con fondos propios e con axudas de outras administracións, para mellorar as infraestruturas e servizos que se ofrecen aos veciños e veciñas de Rianxo”.




