Luar na lubre, Víctor Freixanes, Emilio Pérez Nieto, Rosa Rodríguez Álvarez e Agaela, medallas Castelao 2025

16 Xuño 2025

O Goberno galego aprobou na súa reunión semanal deste luns a relación dos galardoados coa Medalla Castelao 2025, un recoñecido galardón que premia o labor de personalidades e institucións no ámbito artístico, literario, intelectual ou en calquera campo significativo para Galicia.

Entre os distinguidos están a médica de familia xubilada Rosa Rodríguez Álvarez, que exerceu na Coruña; o grupo folk Luar na Lubre; o escritor e xornalista Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega (RAG) ata marzo; o presidente honorífico do Grupo Pérez Rumbao, Emilio Pérez Nieto; e a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela).

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou que á doutora Rosa Rodríguez outórgaselle esta distinción tanto polo seu labor profesional como por ser representante do colectivo de médicos de Atención Primaria.

A Medalla Castelao entrégase cada ano o 28 de xuño, para conmemorar o regreso a Galicia dos restos do recoñecido intellectual e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.