Ribeira xuntou decenas de nadadoras/es solidarias/os na 7ª Travesía a Nado Illa de Rúa

22 Xuño 2025


Ribeira desenvolveu celebrou este domingo 22 de xuño a sétima edición da Travesía a Nado Illa de Rúa, un evento deportivo e social que se consolida
como unha das citas destacadas do calendario estival no municipio. A travesía reuniu a decenas de nadadores e nadadoras que afrontaron o reto de cruzar as augas entre a illa e o porto de Ribeira, cun fin solidario para axudar á entidade organizadora: a Asociación Española contra o Cancro (AECC).

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, o concelleiro de Sanidade, Juan Furones e a presidenta da Asociación Española contra o Cancro, María José
Carreira, foron os encargados de oficiar acto de clausura. O alcalde destacou a importancia desta iniciativa “como símbolo do espírito de superación e
comunidade que caracteriza a Ribeira”, e agradeceu o labor do equipo organizador, do voluntariado e das familias participantes.

“Ver as nadadoras e nadadores chegar á meta, esgotados pero sorrintes, é unha imaxe que nos enche de orgullo a todas e todos os ribeirenses” sinalou Barral.

Este ano, a travesía contou cun momento especialmente emotivo: unha homenaxe a Gloria Lijó, nadadora que iniciou a súa andaina no mundo da
natación aos 50 anos e que se converteu nun referente para moitas persoas, tanto polo seu compromiso coa actividade física como pola súa actitude
positiva e inspiradora.

“Ela demostrou que nunca é tarde para iniciar calquera proxecto se temos constancia e nos esforzamos”, afirmou o rexedor, subliñando que Gloria
“perseguiu un soño e logrou cumprilo superándose”. A homenaxe foi recibida con emoción polos asistentes, nun acto que puxo o broche de ouro a unha xornada marcada pola participación e o espírito deportivo.

Dende o Concello de Ribeira reafirman así o seu “compromiso co fomento do deporte e coa loita contra o cancro”.

Outros artigos

O Pleno de Noia reproba ao alcalde pola xestión da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Noia aprobou unha nova reprobación ao alcalde Santiago Freire. A moción, impulsada de forma conxunta pola oposición —PSdeG-Noia, Marea Cidadá de Noia, BNG e o concelleiro non adscrito—, contou incluso co apoio de NO.I.A (Noieses Independentes...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

“Coñecían os andares”. Luís Celeiro

Se contaran e anotaran os roubos sacrílegos perpetrados nos últimos séculos deberíanposuír unha extensa libreta de dimensións considerables, tan grandes como a listaxe dosnomes, dos topónimos e dos obxectos. E, quen rouba ou para quen rouba? Hai quen roubao perdón, o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.