Ribeira acolle o Xubileo do Apostolado Seglar cunha xornada de encontro, reflexión e esperanza

05 Xuño 2025

A Diocese prepara unha xornada de encontro, oración e reflexión na véspera de Pentecostes

Este sábado 7 de xuño celebrarase en Ribeira o Xubileo do Apostolado Seglar, unha xornada diocesana que promete ser un espazo de encontro, formación e fraternidade para todas as persoas comprometidas co laicado na Igrexa, co gallo do Día da Acción Católica e do Apostolado Seglar. A xornada desenvolverase baixo o lema “Testemuñas de esperanza no mundo” e incluirá diversas actividades abertas ao público, tanto para adultos como para nenos.

A convocatoria chega da man do Equipo da Delegación do Laicado, que convida a toda a comunidade diocesana a participar nun día completo de actividades pensado para vivir en comuñón. A axenda inclúe momentos de oración, reflexión, formación e traballo en grupos, así como unha comida compartida que reforzará os lazos entre participantes.

Alfredo Losada, delegado diocesano para o Laicado, anima tamén a compartir a convocatoria con amizades, membros das comunidades e asociacións.

O evento, organizado pola Delegación Episcopal para o Laicado da Archidiocese de Santiago de Compostela, comezará ás 10:30 h coa acollida das persoas participantes, e continuará cun programa que mestura oración, formación, diálogo e celebración comunitaria.

Entre os actos máis destacados están a ponencia de Francisco Durán, prevista para as 11:30 h, o traballo por grupos e os diálogos da esperanza, terán lugar ás 12.45. Xa as 18:15 h realizarase un xesto público na Praza da Igrexa de Ribeira, como mostra de compromiso comunitario e testemuño de fe.

A xornada culminará ás 19:00 h coa Vixilia de Pentecoste, presidida polo arcebispo D. Francisco Prieto, que celebrará a eucaristía nun acto aberto á cidadanía.

Ademais, haberá actividades específicas para nenos, co obxectivo de facilitar a participación familiar e fomentar un ambiente de convivencia interxeracional.

Baixo o lema “Vémonos en Ribeira!”, a organización anima á participación activa da comunidade seglar e relixiosa nesta xornada que busca ser un sinal de esperanza e compromiso cristián no mundo actual.

A inscrición pode realizarse en liña a través do código QR incluído no cartel oficial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.